Select Page
LOGO_CAMDENTOWN

A tenda Berma en Padrón en 2021 cumpriu 25 anos dende a súa apertura. Para celebralo, organizou sorteos de agasallos e vales para premiar aos seus clientes. E este mesmo ano dá un paso máis e decide abrir a súa tenda web para poder dar un mellor servizo aos seus clientes nestes anos de pandemia.
A pesar das dificultades técnicas iniciais para montar unha tenda en liña co amplo catálogo que ofrece Berma, Arañeira e a súa propietaria Maribel, coa súa actitude positiva e gran capacidade de traballo, puxérona en marcha.

Arañeira deseñou unha tenda web na plataforma Prestashop conectada ao software GesL@ERP instalado na tenda física, mantendo os ficheiros de produtos actualizados en todo momento (imaxes, prezo, descrición e stock) desde un só lugar. Ademais, a tenda cumpre coa normativa europea de protección de datos e o LSSI. Está adaptado a todos os navegadores e todos os dispositivos (PC, móbil e tableta) e ten unha pasarela de pagamentos que cumpre todos os requisitos para poder mercar de xeito seguro.

GesLan ERP con Prestashop

A pesar do esforzo que fan as empresas locais para competir coas grandes multinacionais en Internet, Berma ten todas as características para ter éxito: un catálogo amplo, moi bos prezos, servizo de transporte adaptado á clientela local e, sobre todo, a experiencia de levar 25 anos vendendo pezas de roupa a pequenos e maiores, co que se garante o asesoramento profesional. Non dubide en consultar por teléfono ou por correo electrónico calquera dúbida que teña antes da compra. Seguro que che axudarán!

Tienda Web de Berma Confecciones en Padrón
Captura de la web
Captura de la web
Captura de la web

Agora só faltas a ti, xa non tes escusas para cooperar cos negocios locais e axudar a manter a túa cidade viva, en Berma podes mercar desde calquera lugar, calquera día, a calquera hora e facer a recollida na tenda física ou pedir que a leven para a túa casa. Tamén podes consultar as novidades que reciben ou coñecer os produtos que se ofrecen.

Resumen de Tienda Web de Berma

Política de Privacidade e Protección de Datos

4 + 13 =