Select Page

Ademais de levar os produtos de A Palloza para casa, podes degustar algúns deles na súa terraza da Praza Macías. Se vén facendo o Camiño non hai mellor premio que un xeado artesán, unhas rosquillas de Padrón ou unha cervexa fresca acompañada de tapas de xamón.
Arañeira configurou un ordenador de punto de venda co software GesL@n ERP de Landín informática. Instalouse unha impresora e lector de códigos de barras e conectouse unha báscula para poder cargar os produtos vendidos por peso.
GesL@n ERP permítelle xestionar as vendas a clientes, os provedores e stock de almacén tanto na tenda física como na nova tenda web.

Logotipo A Palloza

A Palloza en Padrón é unha tenda de produtos alimenticios de primeira calidade. Embutidos de León e Galicia, xamón de Guijuelo, doces e galletas artesanais, conservas de peixe e verdura, bombóns, produtos ecolóxicos e delicatessen. Os mellores arroz e leguminosas en peso, viños de diferentes D.O., xeados e gofres sen glute de Bico de Xeado.

Co módulo PrestaL@n para GesL@n ERP Desde o ordenador da tenda física, as categorías, os produtos coas súas características (fichas técnicas, imaxe, descrición, prezo …) sincronízanse coa nova tenda web para manter os prezos e o stock actualizados en tempo real.

Esquema funcionamiento A Palloza

Arañeira tamén deseñou e configurou a tenda web, tanto o back office como o front office para conseguir un sitio web moi atractivo visualmente. A organización dos artigos, non só por categorías e marcas de produtos, senón tamén por denominacións de orixe e por tipo de produto, axuda a unha busca eficaz.
A teenda en liña de A Palloza cumpre o LSSI e está adaptado a todos os navegadores e todos os dispositivos (PC, móbil e tableta) e ten unha pasarela de pagos verificada que dá todas as garantías para poder mercar de forma segura.
Arañeira adaptou á empresa para que cumpra a normativa europea de protección de datos en Internet e preparou avisos legais e políticas de privacidade e cookies, incluído o aloxamento do dominio en servidores en España que cumpran a devandita normativa.

Tienda Web A Palloza

Con esta tenda web A Palloza non só está aberta durante as horas da tenda física ofrecendo o seu catálogo, prezos e dispoñibilidade dos artigos as 24 horas dos 365 días do ano, senón que tamén é un escaparate de todos os servizos que ofrecen.

Política de Privacidade e Protección de Datos

12 + 5 =