Select Page
Logotipo de As Camelias Padrón

Na cafetería As Camelias ofrecen cafés e máis. O bo sabor do café está garantido xa que o seu propietario, Sergio, logrou en 2011 o 2o premio no Campionato Galego de Baristas.

Alí atoparás non só cafés tradicionais, incluído o café do mes, senón tamén deliciosas especialidades como o cafétonic ou os distintos frappés.

Tamén podes tomar un aperitivo ou unha bebida tranquila na súa terraza sempre concurrida. A partir das 7 da mañá ofrece deliciosos almorzos. Non os podedes perder!

Arañeira instalou un ordenador con todos os complementos necesarios para un punto de venda. Neste ordenador está instalado o software Landín MenuL@n  específico para hostalaría. Este ordenador está conectado a un teléfono co software OrderL@n .

No MenuL@n configúranse as distintas estancias (terraza, mesa e bar) coa disposición das mesas permitindo a xestión dos pedidos dun xeito moi intuitivo. O panel de botóns disposto en grupos personalizados con imaxes facilita a tarefa de engadir produtos e axiliza a creación de entradas e/ou pedidos.

Co módulo de almacén podemos xestionar as facturas de provedores e clientes e manter o control de stock se o consideramos necesario. A posibilidade de aparcar os tickets permite engadir máis produtos a unha mesa sen perder o anterior e sen ter que pechar o ticket.

Con OrderL@n os pedidos pódense enviar desde o teléfono ao ordenador, o que facilita o control de máis mesas con menos persoal. Tamén permite poñer comentarios sobre pedidos, aparcar tickets e mesmo pechalos para cobrar.

Configuraron solucións antivirus e un sistema de copia de seguridade local e na nube para evitar a perda de datos por descoido, intrusión ou roubo.

Ademais, instalouse unha rede WiFi profesional, cun portal de acceso para clientes e control horario de uso separado da wifi corporativa privada, o que aumenta a seguridade na navegación dos clientes e do persoal de As Camelias.

Política de Privacidade e Protección de Datos

5 + 14 =