Select Page
Logotipo Café Cultural Airiños Padrón

O Café Cultural Airiños é un punto de encontro en Padrón para ver fútbol e quedar cos amigos. Ofrecen unha ampla carta de cervexas nacionais e internacionais e son especialistas en cervexas artesanais.
Na carta teñen varias racións, hamburguesas, torradas e bocatas e por suposto Pementos de Herbón de tempada.
As dúas terrazas da fachada están sempre moi concorridas en horas punta e é un bo lugar para tomar unhas copas con boa música. Moi recomendable!

Arañeira encargouse a colocación dun ordenador con pantalla táctil, caixón de caixa e impresora de tickets. Neste ordenador está instalado o programa MenuL@n, o software de Landín especial para hostalaría.
Na pantalla configúranse as diferentes salas, incluídas as dúas terrazas, coa disposición das mesas que permite a xestión dos pedidos e comensais desde esa pantalla, dun xeito moi intuitivo.
A posibilidade de aparcar os ticktes permite que varios camareiros traballen ao mesmo tempo no mesmo ordenador, aínda que non se teña realizado o pago. Podes engadir pratos ou comentarios en calquera momento.
A pantalla principal cun panel de botóns dispostos en grupos personalizados con imaxes facilita a tarefa de engadir produtos e axiliza a creación de tickets e/ou pedidos.

Ademais, este software conta con xestión automática de menús e combinacións, control de almacén, control de permisos de usuario e caixa ciega.
Configuraron solucións antivirus e un sistema de copia de seguridade para evitar a perda de datos por descoido, intrusións ou roubos.
MenuL@n axuda ao Café Cultural Airiños a traballar dun xeito áxil e organizado, o que é de gran axuda, sobre todo nos meses de maior volume de clientes.

Política de Privacidade e Protección de Datos

14 + 13 =