Select Page
T-Hostel Santiago
Logotipo T-Hostel Santiago

T-Hostel  é un novo albergue en Santiago dirixido a que os peregrinos teñan o mellor descanso e confort posible durante a súa estancia nesta cidade. Cuartos cálidos, camas cómodas, baños amplos, comedores e salóns acolledores, e o mellor coidado dos dous irmáns que o rexen é a mellor acollida que poden recibir os peregrinos ao final do Camiño.

En T-Hostel fixeron un gran esforzo por coidar os detalles nun momento difícil, despois da pandemia, conseguindo un aloxamento único en todo Santiago, ao estilo dos bunk hostel que hai en todas as cidades europeas.

Arañeira instalou na recepción un ordenador con todos os accesorios necesarios para rexistrar os hóspedes, entre eles un escáner específico para a lectura de DNI e pasaportes. Neste ordenador está instalado o software de Landín HoteL@n, específico para establecementos hostaleiros, que permite a creación dos ficheiros do rexistro de viaxeiros e das estatísticas do albergue, e permite o seu envío telemático ás webs da Policía e á web do INE.

Ademais, instalouse o módulo de Webservice que permite que as reservas das distintas OTA (Booking…) entren directamente no plannig do programa. O Webservice integrouse na páxina web que xa tiñan para que as reservas desde a web tamén entren automaticamente na planificación, evitando así o overbooking.

Con HoteL@n Mobile, a aplicación para Android que está sincronizada con HoteLan, podes consultar o horario de reservas no teu móbil, sen necesidade de estar fisicamente no albergue.

Con HoteL@n, o T-Hostel simplifican o seu traballo diario e poden dedicar máis tempo á súa especialidade, que é o excelente servizo que ofrecen aos seus hóspedes.

Arañeira configurou solucións antivirus e un sistema de copias de seguridade local e na nube para evitar a perda de datos por descoido, intrusión ou roubo.

Política de Privacidade e Protección de Datos

7 + 13 =