Select Page

Tienda Mundial é un referente na comarca do Sar para os vestidos infantís e os traxes para as cerimonias infantís. Dende 1986 en Padrón visten a nenos e nenas no seu día máis especial. Tamén conta con roupa de bebé de 0 a 36 meses.
Loli, encargada do negocio, ten moita experiencia, asesorándote en todo momento con amabilidade e unha atención personalizada moi profesional.
Arañeira instalou e configurou un ordenador de punto de venta con lector de códigos de barras e impresora de tickets e o software e GesL@n TPV.
GesL@n TPV é un programa deseñado para unha xestión empresarial integral. Facturas de compras e vendas, xestión de almacén e stock.

Permite organizar os artigos, as súas propiedades (tamaño, cor…) e as distintas tarifas de forma personalizada para cada tipo de tenda. Impresión de etiquetas e posibilidade de tickets regalo e vales de compra.

Permisos configurables polos empregados, control de caixa e caixa cega. Obtención de informes de compra, venda, existencias e partes do inventario.
Poñer descontos, ofertas e rebaixas é moi sinxelo e rápido, especialmente pensado para días especiais de rebaixas: Black Friday. Mid Season Sale…
Instalouse un sistema de copia de seguridade e instalouse protección antivirus.
Con GesL@n TPV Tienda Mundial é unha tenda xestionada de forma sinxela, pero áxil e eficiente, coñecendo en todo momento o stock e permitindo dedicar máis tempo a outras tarefas.

Política de Privacidad y Protección de Datos

14 + 4 =