Arañeira. Solucións Informáticas
Saber máisAsesoramento
Analizamos a estrutura da súa empresa, os seus requirimentos e necesidades, para ofrecerche asesoramento personalizado
Experiencia
Temos máis de 15 anos de experiencia no sector, estamos en formación continua para ofrecerche un servizo profesional e de calidade
Confianza
Grazas a que cumprimos os seus obxectivos conseguimos que os nosos clientes nos acompañen en toda a nosa traxectoria empresarial.
Meu dito MEU FEITO
Últimos proxectos
Todo o proceso empeza cunha idea, túa ou nosa. Cóntasnola, analizámola, planificámola, comunicámoscha e debatémola.
Cando chegamos a un acordo e finaliza todo o proceso conseguimos sacar adiante o proxecto, O teu PROXECTO, pero tamén un pouco noso.
Tienda Mundial Padrón
Instalación y configuración de ordenador de punto de venta con hardware asociado. Software GesL@n TPV
As Camelias . Cafés&Más
Instalación de ordenador e configuración do novo software de xestión para hostalaría MenuL@n e de software de pedidos OrderL@n. Instalación de WiFi segura.
Nova Web Albergue Corredoiras
No Albergue Corredoiras lanzan un sitio web máis moderno e funcional, sensible, multilingüe e cun sistema de reservas conectado ao software de xestión Hotel@n.
Nova Web Hotel Rosalía
No Hotel Rosalía estrenan páxina web cun estilo máis moderno e funcional. Descrición completa das instalacións, habitacións e servizos.
Albergue T-Hostel
Instalación de ordenador e configuración do novo software de hoteles HoteL@n con escaner de pasaportes e DNI. Conexión con Channel Manager e reservas no website de T-Hostel.
A Palloza Padrón
Deseño de tendas web. Implementación do software GesL@n ERP con sincronización entre a tenda física de Padrón e a nova tenda Web. Protección de Datos.
Así é ARAÑEIRA
e ofrecémosche SOLUCIÓNS á túa medida
Estamos en contacto permanente con fabricantes e distribuidores, para coñecer as novidades, melloramos constantemente a nosa formación e estudamos a evolución das tecnoloxías para…
…proporcionarche as ferramentas informáticas fiables, seguras e adecuadas para unha xestión eficaz e rendible do teu negocio e así conseguimos que a túa empresa estea segura, creza e avance.
Sistemas
Instalamos e configuramos servidores en plataformas Windows e Linux e automatizamos as túas copias de seguridade para facelas máis eficientes. Ofrecemos produtos informáticos para calquera tipo de negocio.
Software
Somos Distribuidor Plus de Landín Informática. Implantamos programas específicos configurados para o teu negocio, comercio, restaurante, hotel, salóns de beleza e peitado… Proporcionámosche o soporte técnico personalizado que necesitas.
Redes e Internet
Calculamos e instalamos todo tipo de redes con cable ou inalámbricas.
Facemos visible o teu negocio en Internet: Aloxamos o teu dominio, deseñamos a túa web corporativa ou a túa tenda Online e optimizámola para todo tipo de dispositivos.
Clientes
Días ao teu lado
Proxectos
Ideas
Conta con nós para o teu proxecto.
Porque non se trata só de ter ideas, senón de levalas a cabo.
NÓS
Quen somos? De onde vimos?
Onde queremos ir?
PROXECTOS
Qué facemos?
Cómo o facemos?
MOI PERSOAL
Queres un agasallo único?
Nós personalizámolo?
TENDA
Quero visitarvos?
Que me vou a atopar?
¿Precisas axuda?
Se estás a pensar en iniciar un negocio e non tes nin idea de que precisas para xestionalo ou se xa o tes, pero pensas que non se está a xestionar correctamente, ponte en contacto connosco e asesorarémoste.